TENDA ONLINE SEN FIN COMERCIAL

 Montado por alumnos da familia profesional de Comercio e Marketing do IES Chan do Monte de Marín (Pontevedra).

Dentro do noso plan de estudos puxemos en marcha unha tenda en liña con finalidade exclusivamente educativa, co obxectivo de poñer en valor prácticas similares a aquelas actividades que atoparemos no noso futuro profesional. Polo tanto, os artigos mostrados non están á venda.

Agradecemos aos internautas que entren na tenda e realicen ``unha compra'', con isto poderemos realizar actividades de estudo sobre o tráfico xerado.

No caso de que realicen ``unha compra'' e indiquen como forma de pago ``pago en liña'', e dado que se trata dunha simulación de pago, os datos a indicar serán:

  • Como número de tarxeta 4242 4242 4242 4242
  • Como CVC tres díxitos e
  • Como calquera data posterior á actual.